I Congreso MODELO

  • rss
  • Inicio
  • Presentación
  • Organización
  • Comunicacións
    • Comunicacións presenciais
    • Comunicacións web
  • Programa
  • Inscricións
  • Relatores
  • Actividades
  • Documentos
  • Situación
    • Como chegar
    • Aloxamento

Recollida de Certificados/Diplomas do Congreso MODELO

congreso | octubre 8, 2011

A documentación acreditativa da participación no Congreso MODELO pode ser recollida na seguinte dirección:

Universidade de A Coruña
DEPARTAMENTO DE PSICOLOXÍA
Laboratorio de Psicosocial (na planta -2)
Horario : de 10 a 2

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
Xeral
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

O Congreso MODELO en imáxenes

congreso | agosto 16, 2011

O Congreso MODELO en pouco máis de 1 minuto. No noso canal de Flickr podedes atopar as imáxenes para velas dun xeito máis pausado. Esperamos que vos guste.

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
Xeral
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

O Congreso no Boletin PARNET-tic

congreso | mayo 19, 2011

Publicamos aqui o enlace ó número 12 do Boletin PARNET-tic. Aparece na segunda páxina as Conclusión do Congreso MODELO.

Ver enlace

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
Noticias
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

CONCLUSIÓNS do Congreso MODELO

MODELO | abril 4, 2011

Por Ricardo García Mira, portavoz do comité científico e co-organizador, en representación da UDC, do Congreso MODELO.

O I Congreso de Desenvolvemento MODELO conclúe con éxito de público e de participación, destacando a alta cualificación das presentacións e das discusións que tiveron lugar ao longo de catro días nas localidades de Vimianzo e Corcubión.

En primeiro lugar, cumpre amosar o agradecemento a todas e a todos os relatores que acudiron a esta convocatoria de xeito totalmente altruísta, o que pon de manifesto un importante grao de compromiso e voluntarismo ao servizo do desenvolvemento local froito do traballo cooperativo de institucións, ADLs, empresas, entidades, profesionais, asociacións, etcétera.

En segundo lugar, cabe destacar algúns aspectos importantes, a modo de resumo e conclusións, destas sesións de discusión e participación:

- Os e as ADLs teñen unha función moi importante na promoción e posta en marcha do desenvolvemento: cambiar os marcos mentais de referencia, introducindo novas claves de actuación e presentando os novos contextos sociais e económicos onde ten que desenvolverse a adaptación de iniciativas e proxectos ao mercado global. O seu papel como motivadores e concienciadores dos distintos actores é absolutamente necesaria.

- Destaca a necesidade de manter unha rede estable entre as institucións e profesionais que interveñen no territorio. Esta rede permitiría optimizar mellor as estratexias de actuación.

- O congreso puxo de manifesto a existencia de alternativas innovadoras e viables diferentes do modelo económico produtivo actual. Os proxectos Slow-Food, Banca Ética, Axendas 21, Grupos de Consumo, Presupostos Participativos e outros presentados supoñen unha aposta firme por alternativas que promoven maior responsabilidade, reducen actitudes especulativas e, non menos importante, promoven a participación da cidadanía na toma de decisións, mellorando con elo a xestión dos cartos públicos e promovendo unha maior satisfacción e benestar.

- A defensa e desenvolvemento dun territorio tamén inclúe a xestión responsable da paisaxe e do seu urbanismo.

- As novas tecnoloxías son imprescindibles para promover o desenvolvemento e deben constituírse nas principias aliadas do medio rural. Neste senso, a súa defensa e o acceso á banda ancha, xunto coa formación neste ámbito, son aspectos prioritarios. E non só a formación, senón tamén a información. Neste senso, destaca a importancia das novas tecnoloxías en xeral, e dos sistemas de información xeográfica en particular, como ferramentas importantísimas de xestión da información sobre o territorio, de diagnóstico e de avaliación, necesarias para apoio na toma de decisións.

- É necesario votar unha ollada retrospectiva e aprender da historia pasada. Unha aposta para saír da crise é a agricultura: a diversificación produtiva, a pluriactividade, o establecemento de canais curtos de comercialización e implementación de novas tecnoloxías no sector.

- Púxose de manifesto a necesidade dunha estratexia común para investir e incrementar as relacións con países emerxentes economicamente (China, India, Brasil,..), que permita corrixir o carácter pouco estable, ou apenas inexistente, das relacións económicas de Galicia có exterior.

- En definitiva, a actuación futura dos e das ADLs debe promover a coordinación dos distintos axentes que interveñen no proceso de desenvolvemento, propoñendo a creación de espazos que xeren estratexias comúns de actuación e a de posta en marcha de novas actividades alá onde aparezan novas oportunidades. Para elo precísase da vontade das institucións, das entidades e das empresas para traballar en colaboración, para determinar obxectivos e metas comúns, que sen dúbida redundarán en beneficios comúns, que redundarán á súa vez en benestar para todos, en beneficios para o territorio, e no progreso de Galicia.

Ricardo García Mira, portavoz do comité científico e organizador, en representación da UDC, do Congreso MODELO.

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
Xeral
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

Seguimento do congreso minuto a minuto en facebook e twitter

MODELO | marzo 31, 2011

Esta fin de semana seguiremos o congreso ao través das redes sociais facebook e twitter e do blog do congreso, se as condicións técnicas non o impiden.

Se queres opinar, comentar, twitear, etcétera.. podes facelo en

www.facebook.com/Afiprodel.org
http://twitter.com/#!/Afiprodel
http://congreso.afiprodel.org

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
Xeral
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

« Previous Entries

OPINA

  • Deixa a túa opinión

Redes Sociais

facebook twitter flickr youtube Linkedin

… en Twitter

Twitter Logo
Refresh
todo_aapptodo_aapp: RT @Afiprodel: Convocatorias formativas do INAP http://goo.gl/fb/unXDx
1 year ago from Google
AfiprodelAfiprodel: ADL CANGAS: AFIPRODEL: DESENVOLVEMENTO LOCAL EXEMPLAR NA COST... http://t.co/P1YaUOC
1 year ago from Tweet Button
novasdacostanovasdacosta: En Afiprodel Congreso Desenvolvemento Local se puxeron de manifesto moitas necesiades da nosa… http://goo.gl/fb/NCEuW
1 year ago from Google

Últimos comentarios

  • congreso en Comunicacións no Congreso MODELO
  • amodiño en Slow food-Km 0
  • Jose en Opina sobre as oportunidades e a innovación no desenvolvemento local
  • adlonxe en Opina sobre o Congreso MODELO
  • adlonxe en OPINA sobre a mesa: Situación laboral dos axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia

Últimas entradas

  • Recollida de Certificados/Diplomas do Congreso MODELO
  • O Congreso MODELO en imáxenes
  • O Congreso no Boletin PARNET-tic
  • CONCLUSIÓNS do Congreso MODELO

Enlaces

  • AFIPRODEL
  • VIDEOFORUM
  • ALOXAMENTO
  • INSCRICIÓNS
  • COMUNICACIÓNS

Temas

Comunicacions Noticias OPINA Organizacion Xeral

Organización

  • AFIPRODEL
  • UNIVERSIDADE DA CORUÑA
    • Facultade de Educación
    • Grupo de Investigación Persoa-Ambiente
  • XUNTA DE GALICIA
  • DEPUTACIÓN da CORUÑA
  • UPD COORDINA LOCAL - BIC GALICIA
  • GDR COSTA DA MORTE
  • APTCM
  • Concello de Carnota
  • Concello de Corcubión
  • Concello de Vimianzo

Edición

  • Acceder
rss Comentarios RSS valid xhtml 1.1 design by jide powered by Wordpress get firefox