I Congreso MODELO

  • rss
  • Inicio
  • Presentación
  • Organización
  • Comunicacións
    • Comunicacións presenciais
    • Comunicacións web
  • Programa
  • Inscricións
  • Relatores
  • Actividades
  • Documentos
  • Situación
    • Como chegar
    • Aloxamento

Cartel do Congreso MODELO

MODELO | febrero 23, 2011


Xa se pode descargar o cartel do congreso desde a pestaña “Programa” da web do congreso

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
Xeral
Tags
Noticias, Xeral
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

Acto de sinatura do convenio entre a Universidade de A Coruña e Afiprodel

MODELO | febrero 23, 2011

O vindeiro luns 28 de febreiro ás 12:00 horas, terá lugar no reitorado da Universidade da Coruña a sinatura do convenio de colaboración entre dita universidade e máis a asociación Afiprodel. En novembro do ano pasado a UDC recoñeceu 2 créditos para o Congreso MODELO que Afiprodel está organizando en colaboración có Grupo de Investigación Persoa – Ambiente de Ciencias da Educación da UDC.

O acto contará coa presenza do reitor da universidade, José María Barja Pérez, e mais o profesor e membro do comité científico do congreso, Ricardo Garcia Mira. Por Afiprodel asistirán a presidenta, Dolores Pena, e a secretaria da entidade, María Jiménez.

No acto procederase tamén á presentación en A Coruña do Congreso MODELO á comunidade universitaria.

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
Xeral
Tags
Noticias, Organizacion, Xeral
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

A Universidade de Santiago recoñece 1 crédito ao Congreso MODELO

MODELO | febrero 17, 2011

O pasado 11 de febreiro, o reitor da USC, Juan Jose Casares Long,  recoñeceulle 1 crédito de libre configuración ao Congreso MODELO. O responsable académico universitario para estes efectos será Manuel González López, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Os créditos poderanse imputar aos alumnos que cursen estudos conducentes ás Licenciaturas, Diplomaturas, Enxeñarías Técnicas e Mestres que se imparten nesta universidade. Os e as estudantes universitarios que asistan a este evento poderán acreditar a realización da actividade mediante o certificado que se lle entregue na secretaría do congreso.

Este recoñecemento súmase aos 2 créditos recoñecidos en novembro pasado pola Universidade da Coruña.

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
Noticias, Xeral
Tags
Noticias, Xeral
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

A Consellería de Traballo e Benestar apoiará o Congreso de Desenvolvemento MODELO “Marco de oportunidades para o desenvolvemento local”

congreso | enero 24, 2011

O martes 18 de febreiro, representantes da AFIPRODEL, asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento local, mantiveron unha xuntanza con Andrés Hermida Trastoy, Director Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de  Traballo e Benestar para solicitar o apoio desta Consellería na organización do Congreso de desenvolvemento MODELO.

Dolores Pena, presidenta, María Jiménez, secretaria e Norberto Pais, socio de Afiprodel presentaron ao Director Xeral de Promoción do Emprego o Congreso de desenvolvemento “Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local” que se vai celebrar os días 25 e 26 de marzo en Vimianzo e 1 e 2 de abril de 2011 en Corcubión. Nesta xuntanza se tratou das posibilidades de colaboración e apoio neste evento da Consellería de Traballo.

Andrés Hermida Tratoy transmitiu aos representantes de Afiprodel o apoio da Conselleira e da Dirección Xeral Promoción do Emprego a esta iniciativa xurdida de compoñentes da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local da Xunta de Galicia e que se dirixe aos profesionais do desenvolvemento local e a estudantes universitarios. Valorou moi positivamente o programa e o alto nivel e prestixio dos relatores e relatoras do Congreso. Comprometeu a participación da Consellería no cofinanciamento deste congreso, que xa conta cunha subvención da Deputación da Coruña).

Este Congreso, que se presentara oficialmente no Concello de Carnota na primeira semana de febreiro, conta coa colaboración de entidades e asociacións galegas e da Costa da Morte, a UPD Coordina Local II do IGAPE-BIC Galicia. O evento está coorganizado pola Universidade da Coruña que recoñeceulle 2 créditos de libre configuración. Nestes días estase a esperar polos organizadores do Congreso a confirmación do recoñecemento de 1 crédito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
Xeral
Tags
Noticias
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

O 15 de xaneiro remata o prazo para as candidaturas de participación no apartado de comunicacións do congreso M.O.D.E.L.O.

congreso | diciembre 18, 2010

Ser escaparate de iniciativas e experiencias e ofrecer un marco para o intercambio e o encontro son obxectivos deste congreso de desenvolvemento local e do espazo de Comunicacións que ofrece este evento e que está a disposición das entidades, persoas, empresas e administración que desexen divulgar e compartir os seus proxectos, programas, investigación ou actuacións.

Parar participar deben enviarse as propostas de comunicacións ao enderezo electrónico: comunicacions@afiprodel.org ou tamén afiprodel.org@gmail.com ata o 15 de xaneiro de 2011, coas características que se describen no apartado de comunicación da web do congreso http://congreso.afiprodel.org
Os temas sobre os que poden enviarse comunicacións son:

  • O medio natural: oportunidade de desenvolvemento sostenible.
  • Iniciativas emprendedoras innovadoras.
  • As TIC´s no desenvolvemento local.
  • Desexamos, dende aquí, animar á compartir as experiencias e divulgar os resultados aproveitando este espazo aberto a todos e todas.
    Comments
    3 Comentarios »
    Categorias
    Comunicacions, Noticias
    Tags
    Comunicacions, Noticias
    Comentarios RSS Comentarios RSS
    Trackback Trackback

    « Previous Entries

    OPINA

    • Deixa a túa opinión

    Redes Sociais

    facebook twitter flickr youtube Linkedin

    … en Twitter

    Twitter Logo
    Refresh
    todo_aapptodo_aapp: RT @Afiprodel: Convocatorias formativas do INAP http://goo.gl/fb/unXDx
    1 year ago from Google
    AfiprodelAfiprodel: ADL CANGAS: AFIPRODEL: DESENVOLVEMENTO LOCAL EXEMPLAR NA COST... http://t.co/P1YaUOC
    1 year ago from Tweet Button
    novasdacostanovasdacosta: En Afiprodel Congreso Desenvolvemento Local se puxeron de manifesto moitas necesiades da nosa… http://goo.gl/fb/NCEuW
    1 year ago from Google

    Últimos comentarios

    • congreso en Comunicacións no Congreso MODELO
    • amodiño en Slow food-Km 0
    • Jose en Opina sobre as oportunidades e a innovación no desenvolvemento local
    • adlonxe en Opina sobre o Congreso MODELO
    • adlonxe en OPINA sobre a mesa: Situación laboral dos axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia

    Últimas entradas

    • Recollida de Certificados/Diplomas do Congreso MODELO
    • O Congreso MODELO en imáxenes
    • O Congreso no Boletin PARNET-tic
    • CONCLUSIÓNS do Congreso MODELO

    Enlaces

    • AFIPRODEL
    • VIDEOFORUM
    • ALOXAMENTO
    • INSCRICIÓNS
    • COMUNICACIÓNS

    Temas

    Comunicacions Noticias OPINA Organizacion Xeral

    Organización

    • AFIPRODEL
    • UNIVERSIDADE DA CORUÑA
      • Facultade de Educación
      • Grupo de Investigación Persoa-Ambiente
    • XUNTA DE GALICIA
    • DEPUTACIÓN da CORUÑA
    • UPD COORDINA LOCAL - BIC GALICIA
    • GDR COSTA DA MORTE
    • APTCM
    • Concello de Carnota
    • Concello de Corcubión
    • Concello de Vimianzo

    Edición

    • Acceder
    rss Comentarios RSS valid xhtml 1.1 design by jide powered by Wordpress get firefox