I Congreso MODELO

  • rss
  • Inicio
  • Presentación
  • Organización
  • Comunicacións
    • Comunicacións presenciais
    • Comunicacións web
  • Programa
  • Inscricións
  • Relatores
  • Actividades
  • Documentos
  • Situación
    • Como chegar
    • Aloxamento

OPINA sobre os obradoiros do Congreso MODELO

MODELO | marzo 21, 2011

Os responsables profesionais e políticos que traballan no desenvolvemento local enfróntanse á continua innovación de ferramentas, metodoloxías e recursos. É necesaria a formación continúa e o achegamento a estas novidades. Os Obradoiros pretenden proporcionar a estes colectivos información, ferramentas e recursos:

Fontes de información local dispoñibles na Internet.Vimianzo 26 marzo ás 10:30. Raimundo Otero Enríquez e Ana Touriño, Profesores do departamento de Socioloxía e CCPP da Administración Universidade da Coruña. Presenta Manuel García do Campo, profesor titular no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Administración da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

Resolución de conflitos e técnicas de negociación. Corcubión 1 de abril ás 16:00. Raquel Piñeiro. Consultoría e formación SLN. Presenta Isabel Agra, AEDL do Concello de Zas e socia de Afiprodel.

Ferramentas Tics ao servizo das empresas e AEDL. Corcubión  1 de abril ás 17:30. Mariem Filgueira Pérez. Instituto Tecnolóxico de Galicia. Presenta Emilio González, ADL do Concello de Camariñas e socio de Afiprodel.

O SIX como ferramenta de xestión territorial. Corcubión 2 de abril ás 12:00. Jose Antonio Aldrey Vázquez. Profesor Análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela. Presenta Osvaldo Santos, AEDL do Concello de Fisterra e socio de Afiprodel.

Si desexas realizar algunha reflexión sobre estes temas ou preguntar algo aos participantes, podes facelo no apartado comentarios desta noticia na web do congreso.

negotiation
sig

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
OPINA, Xeral
Tags
OPINA
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

OPINA sobre o emprego das novas tecnoloxías no desenvolvemento.

MODELO | marzo 21, 2011

Venres 1 abril, Casa da Cultura de Corcubión (A Coruña)

12:00 Comunicacións: As TiCs no desenvolvemento local Experiencias baseadas no emprego das novas tecnoloxías

Experiencias novidosas ou modélicas que están a desenvolverse en Galicia relacionadas cos recursos naturais  e as TIC´s. Mesa coordinada por Manuel Pan, Presidente de APTCM e xerente de Abertal.

  • “O coto do Taibo: natureza e enerxias limpas”. Constantino Gago. Cooperativa O Coto de Taibo
  • “Rutas agroalimentarias”. Ana Mº Piñeiro.Habitaq Consultoria
  • “O medio natural. Posta en valor e sostenibilidade”. Ramón Santiago INECO.
  • “Seminario de Estudos Comarcais e promoción dos recursos naturais”. M. Villar Seminario de Estudos Comarcais.
  • “A sostenibilidade medioambiental no ámbito da economía social”. Ramón Sestayo. Galega de Economía Social.
  • “Rede WIMAX no Concello de Zas“. Isabel Agra Pose, AEDL Concello de Zas
  • “Galinus Taller de novos medios”. Daniel Cerqueiro. Galinus
  • “Programa Parnettic”. Oscar Blanco. Deputación da Coruña
  • “Clube de emprego no Concello de Cangas”. Carmen Fandiño. AEDL Concello Cangas
  • “Os mapas e a información xeorreferenciada como elemento dinamizador”. Alejandro Lamas SIXTEMA

Si desexas realizar algunha reflexión ou  preguntar aos participantes sobre estes temas, faino nos comentarios desta noticia.

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
OPINA
Tags
OPINA
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

Comunicacións no Congreso MODELO

MODELO | marzo 11, 2011

O comité organizador do Congreso MODELO recibiu medio centenar de propostas para ser presentadas no congreso baixo a fórmula de comunicacións. As comunicación son o escaparate de programas e proxectos que se desenvolven en Galicia. Agrúpanse en tres áreas: iniciativas innovadoras, medio natural e oportunidades de desenvolvemento sostible e tecnoloxías da información e comunicación aplicadas ao desenvolvemento e ao emprego.

Dada a calidade das propostas recibidas, seleccionáronse corentaedúas, a maioría das comunicacións enviadas. Quince delas serán presentadas polos seus autores no congreso. Expoñerá a súa experiencia a cooperativa de traballo asociado Milhulloa dedicada ao cultivo ecolóxico, galardoada dende o 2003 ata ao 2010 con diferentes premio pola comercialización de plantas medicinais e aromáticas, logrando sacar ao mercado o grelo ecolóxico deshidratado. Tamén coñeceremos, entre outras, a iniciativa para o desenvolvemento do medio rural mediante a posta en funcionamento de rutas agroalimentarias que levou a cabo Habitaq Consultoria e Desenvolvemento SL. Tamén será presentada no congreso o proxecto Parnet-tic da Deputación da Coruña, unha rede provincial participativa e que ofrece servizos dixitais nas zonas rurais da provincia.

Ademais das quince comunicacións seleccionadas para expoñer no congreso, na web do mesmo están expostas outras 21 experiencias realmente interesantes que poden servir de modelo para outros territorios. Entre estas comunicación presentadas na web hai experiencias empresariais e cooperativas como “Necesidade, accesibilidade e incardinación das TICs no caso de Imperdible servizos Culturais” de Imperdible Servizos Culturais SCG. Casas Rurais Solidarias mostra as vantaxes de aproveitar o traballo en rede. O concello de Corcubión mostra as posibilidades da súa rede Wimax e outras comunicacións mostran a funcionalidade das redes sociais para promocionar eventos culturais.

Todas as comunicación pódense consultar no apartado de comunicacións da web do congreso.

Banca etica
imagesCAGDSEQT
negotiation


Comments
1 Comentario »
Categorias
Noticias, OPINA
Tags
OPINA
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

A crise e o desenvolvemento local sostíbel e as experiencias innovadoras.

MODELO | marzo 9, 2011

Sábado 26 de marzo, na Casa da Cultura de Vimianzo (A Coruña).

9:30 A crise como oportunidade para un desenvolvemento local intelixente, harmónico e  sostíbel. Oriol Estela Barnet, experto en desenvolvemento local.

Neste contexto de crise xeneralizada e de recortes orzamentarios, ¿podemos descubrir oportunidades para o desenvolvemento e o emprendemento?

12:00 Comunicacións: Iniciativas emprendedoras innovadoras. Presentación de cinco experiencias e intercambio de opinións, coordinadas por Xulio Pardellas, profesor do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo:

  • “Milhulloas“. Cooperativa de deshidratados, flora e cultivo ecolóxico. Mª Jesús Exposito, membro cooperativista, premio Ministerio de Medio Rural.
  • “Cooperativa de Cine e documental”. Rafael Toba Blanco
  • “Alvarella”. Unha experiencia en desenvolvemento sostible.
  • “Paquetes turísticos para discapacitados visuais”. Mancomunidade de municipios de Arousa. Fátima Rodriguez
  • “Arte e cultura para un turismo de calidade”. Encarna Piso, Fundación Torres Pujalde.

Si desexas realizar algunha reflexión ou  preguntar aos participantes sobre estes temas, faino nos comentarios desta noticia

cine
CultivoEcologico
discapacitados
turismo sostenible

.

Comments
Sin Comentarios »
Categorias
OPINA, Xeral
Tags
OPINA
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

Opina sobre as oportunidades e a innovación no desenvolvemento local

MODELO | febrero 18, 2011

Venres 25 de Marzo. Casa da Cultura de Vimianzo.

20:30 Relatorio inaugural: “Marco de oportunidades para o desenvolvemento dos territorios e poboacións”. Ruben Lois González, membro do IDEGA.

17:30 Panel: “Perspectivas innovadoras en desenvolvemento local”

  • Movemento Slow Food en Galicia. Antonio Garcia Allut. Antropólogo profesor da USC e membro do movemento Slow Food.
  • Orzamentos participativos. A experiencia do Concello de Ferrol. Manuel Santiago, Concelleiro de Participación Cidadá e Deportes, e Mª Carmen Rodríguez, Asesora de Participación Cidadá.
  • Grupos de consumo e Axendas 21 locais. A experiencia do Concello de San Sadurniño (A Coruña). Ignacio Fernández López, AEDL
  • Banca Ética. Ramón Carmelo Rodríguez Padín, Xerente de SINERXIA e socio de Coop 57 Galicia.

Si desexas realizar algunha reflexión sobre estes temas ou preguntar algo aos participantes, podes facelo no apartado comentarios desta noticia na web do congreso ata o día 10 de marzo.


Comments
1 Comentario »
Categorias
OPINA
Tags
OPINA
Comentarios RSS Comentarios RSS
Trackback Trackback

« Previous Entries

OPINA

  • Deixa a túa opinión

Redes Sociais

facebook twitter flickr youtube Linkedin

… en Twitter

Twitter Logo
Refresh
todo_aapptodo_aapp: RT @Afiprodel: Convocatorias formativas do INAP http://goo.gl/fb/unXDx
1 year ago from Google
AfiprodelAfiprodel: ADL CANGAS: AFIPRODEL: DESENVOLVEMENTO LOCAL EXEMPLAR NA COST... http://t.co/P1YaUOC
1 year ago from Tweet Button
novasdacostanovasdacosta: En Afiprodel Congreso Desenvolvemento Local se puxeron de manifesto moitas necesiades da nosa… http://goo.gl/fb/NCEuW
1 year ago from Google

Últimos comentarios

  • congreso en Comunicacións no Congreso MODELO
  • amodiño en Slow food-Km 0
  • Jose en Opina sobre as oportunidades e a innovación no desenvolvemento local
  • adlonxe en Opina sobre o Congreso MODELO
  • adlonxe en OPINA sobre a mesa: Situación laboral dos axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia

Últimas entradas

  • Recollida de Certificados/Diplomas do Congreso MODELO
  • O Congreso MODELO en imáxenes
  • O Congreso no Boletin PARNET-tic
  • CONCLUSIÓNS do Congreso MODELO

Enlaces

  • AFIPRODEL
  • VIDEOFORUM
  • ALOXAMENTO
  • INSCRICIÓNS
  • COMUNICACIÓNS

Temas

Comunicacions Noticias OPINA Organizacion Xeral

Organización

  • AFIPRODEL
  • UNIVERSIDADE DA CORUÑA
    • Facultade de Educación
    • Grupo de Investigación Persoa-Ambiente
  • XUNTA DE GALICIA
  • DEPUTACIÓN da CORUÑA
  • UPD COORDINA LOCAL - BIC GALICIA
  • GDR COSTA DA MORTE
  • APTCM
  • Concello de Carnota
  • Concello de Corcubión
  • Concello de Vimianzo

Edición

  • Acceder
rss Comentarios RSS valid xhtml 1.1 design by jide powered by Wordpress get firefox